O xoves 25 de Maio os alumnos de 1º de Bacharelato A e B fixeron unha saida á Ribeira Sacra. Acompañados dun guia, visitamos tres lugares emblematicos, os mosteiros de San Pedro de Rocas, Santa María de Montederramo e Santa Cristina de Ribas de Sil, e as súas contornas, disfrutando xuntos dunha fermosa xornada chea de cultura e natureza.
O alumnado de 2º de ESO da optativa de Sustentabilidade e Paisaxe, logo do gran traballo realizado na horta escolar, tivo unha merecida viaxe educativa e visitaron as Fragas do Eume.
Camiñar pola natureza en primavera foi camiñar pola vida. Arbores, reptiles, anfibios, insectos e flores que nunca viramos. Todos os que fomos seguimos en contacto con aquelas árbores, e tamén con Mª José que de novo estivo con nòs nas "Clases de Bosque". Animádevos e sumerxídevos na Natureza!
Deixámosvos unha ampla reportaxe fotográfica.
O 25 de Maio, Hugo e Rodrigo, representaron ao IES Universidade Laboral na fase autonómica da Olimpíada de matemáticas despois de clasificarse na fase de zona. Competiron con 38 mozos e mozas máis por unha das tres plazas para a fase nacional, pero non puido ser... sen embargo valoramos moito que dous rapaces da Laboral se clasificaran para representar á zona de Ourense na Olimpiada Galega.
Mentres eles resolvían problemas, os seus compañeiros aproveitaron para coñecer algo da cidade de Lugo. Diploma, algún agasallo e un gran recordo do ben que o pasaron, eles e os acompañantes que os foron animar...
O pasado 16 de maio o alumnado de FP Básica (1º A/B e 2º), 1º Carrocería e 1º Electromecánica (A/B) foron de excursión a provincia da Coruña. Visitaron as empresas Nasauto Detail, especialistas na estética integral do vehículo e TMSR Motorbike Service, especialistas en competición (rodadas, escola de pilotos...) e mantemento de motocicletas.
Agradecer os seus responsables, Juan e Luís, e os seus equipos a “master class” impartida os nosos alumnos.