Xa foi publicada a listaxe de alumnado de ESO beneficiario de máscaras. Pódese consultar no taboleiro de anuncios ao carón de conserxería.
Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.
Alumnado: Todos os cursos de ESO.
Alumnado que pode solicitar a axuda:
1. Alumnado beneficiario da axuda para adquirir material escolar
2. Alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita, no ano 2018, igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Presentación de solicitudes: Os beneficiarios do cheque de material non terán que facer nada. Os que estean na situación do punto 2 do apartado anterior deberán cubrir os Anexos I e II e entregalos na secretaría do centro.
Anexos I e II : Na seguinte ligazón pode descargar o impreso para cubrir a solicitude. Tamén se pode recoller no centro.
Prazo: dende o 16 de novembro ata o 27 de novembro 2020.
Normativa: Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG do 13 de novembro)
En datas recentes o Conselleiro de educación presentou o "Plan de ensino virtual ante a Covid-19". Este plan impón aos centros escolares a elaboración duns novos horarios que serán os que se seguerán no caso de que chegue a confinarse un aula completa, un grupo de aulas ou todo un centro educativo.
Eses horarios chamados "horarios espello" seguen o mesmo marco horario que os que temos habitualmente no IES coa diferenza de que o 60% do tempo vai consistir nunha videoconferencia do profesor/a, e o 40% restante será traballo proposto na aula virtual.
Neses casos o profesorado pasará lista como o ven facendo normalmente no IES, e as ausencias apuntaranse no sistema Abalar.
Eses horarios pódense consultar no menú da dereita "horarios de ensino a distancia"
Afortunadamente non tódalas actividades extraescolares quedaron suspendidas no nosos IES. Permanecen aquelas que se poden realizar ao aire libre, nas que poidamos manter a distancia de seguridade e que ademaís se podan visitar a pé.
Así pois o noso alumnado da optativa de 1º de ESO de Sustentabilidade e Paisaxe, visitou a exposiciòn fotografica XÉNESE, de Sebastiaõ Salgado. Unha mañá na que puideron viaxar a lonxanas e maravillosas paisaxes da Terra, e comprender a necesidade de preservalas. Foto tras foto cada un elixiu as súas favoritas, anotando no seu caderno de campo as impresiòns experimentadas. Completamos a xornada nos Xardíns do Posío, con parada para o bocadillo e a froita, e aproveitando cada momento para observar as aves e a diversidade de árbores que nos rodean.
Unha mañá de camiñatas e chea de experiencias compartidas.
Informe da Dirección:
Pasado o primeiro trimestre do curso, este discurriu con certa normalidade. As medidas hixiénicas e organizativas adoptadas por mor da pandemia que estamos a sufrir semellan polo momento ser eficaces:
- Ventilación continua durante toda a mañá
- Uso da máscara en todo momento
- Separación do alumnado en tres zonas diferentes
- Lavado de mans obrigatorio dúas veces pola mañá
- Desinfección diaria e dispensadores de hidroxel en tódalas aulas
- Distancia social e liñas de dirección dentro do edificio
- Prohibición de abandonar o recinto nos recreos e limitación das visitas ao IES
Só tivemos coñecemento dalgúns casos positivos (non pasan de dez) que se produciron no ámbito familiar pero non houbo ningún contaxio dentro do IES, e sanidade non deu instrucións de confinamento de ningunha aula.
Pregamos ás familias e alumnado que sigan mantendo as medidas hixiénicas recomendadas polas autoridades sanitarias para continuar nesta liña.
Quédanos un segundo trimestre moi difícil polas condicións climatolóxicas e a necesidade de ventilación, por iso pedimos a toda a comunidade educativa que extremen as medidas ata que a vacina chegue a toda a poboación e poidamos retomar a normalidade nos centros educativos.
Radar COVID é a aplicación deseñada e dirixida pola Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial do Goberno de España para axudar a evitar a propagación do coronavirus (COVID-19).
Radar COVID avísache de maneira anónima do posible contacto que puideches ter nos últimos 14 días cunha persoa que resultase infectada utilizando a tecnoloxía Bluetooth de baixo consumo.
Radar COVID ademais permite:
- Comunicar de forma anónima o teu diagnóstico positivo.
- Comunicar a exposición de forma anónima ás persoas coas que estiveches en contacto
Radar COVID garante a seguridade e privacidade e é 100% anónimo. Por iso non solicitamos nin o teu nome, nin o teu teléfono, nin o teu correo electrónico.
Desde a Universidade Laboral non queremos causar alarma entre a comunidade educativa, pero tivemos que tomar algunhas medidas preventivas para evitar no posible que se poidan producir contaxios de enfermidades infecciosas:
- Procedemos a prestar especial atención no que se refire ao material hixiénico. Diariamente revisamos que non falte xabón en tódolos aseos do centro e nos lavadeiros de mans. Colocamps dispensadores de xel en tódalas aulas do IES.
- Tivemos que suspender ata novo aviso todo tipo de actividades extraescolares salvo aquelas nas que se poida manter en todo momento a distancia de seguridade.
- Colocáronse carteis en diferentes zonas do IES con información para recoñecer os síntomas da enfermidade e cos teléfonos aos que chamar se se sospeita ter a enfermidade. Tamén se colocaron carteis relativos á hixiene de mans.
- Procedemos a crear un protocolo específico con normas de obrigado cumprimento para o alumnado dentro da xornada escolar.
- Procedemos a crear un protocolo específico con normas para o profesorado no caso se advertira que algún alumno/a ou eles mesmos tiveran os síntomas da enfermidade.
Estes días tamén podes consultar o blog da nosa Biblioteca. Nel os profesores/as colaboradores van colocando multitude de recursos e enlaces a bibliotecas virtuais para poder ler sen ter que pagar un euro.
Iso sí, tede coidado porque a lectura perxudica gravemente a ignorancia