"Asun" non deixa de sorprendernos. Esta vez Asun é noticia a nivel nacional; fixéronlle un reportaxe con vídeo incluído no "Marca", de cara á eliminatoria de copa do rei que se vai celebrar o xoves 22 de decembro entre o seu Arenteiro e o Atlético de Madrid.
Ensina o seu famoso balcón desde onde se fan as retransmisións deportivas e conta moitas outras anécdotas.
Deixámosvos o enlace á sorprendente noticia
O alumnado da Aula da Natureza estivo traballando, reciclando, recollendo noces e pinas do bosque, e estes dias, por fin, construiron a árbore de Nadal.
Aprenderon a serrar, usar ben os martelos, en fin, o valor do esforzo e do respecto a Natureza.
Utilizaron Palets, cordas e moitos materiais todos de reciclaxe para decorar a entrada do IES durante estas festas.
Moi bo traballo rapaces/as, todo un exemplo de como con esforzo e enxeño non necesitamos moito, nin seguir consumindo recursos, para decorar o nadal.
O venres 16 de decembro tivemos un acto de homenaxe a un profesor do noso centro falecido en abril do ano pasado. Trátase de José Mato Ferreiro "Harry", que traballou como profesor de automoción desde o ano 2008 cando chegou ata o 2021 que tristemente nos deixou.
Mato era unha persoa especialmente querida na Laboral. Fora alumno primeiro e profesor despois... sempre disposto a colaborar con calquera iniciativa do centro, sempre colaborando con con causas sociais...
Ao acto asistiu a súa viuva, a súa filla e moitos amigos que fomos del durante tantos anos. Colocouse unha placa co seu nome na parede do taller do Ciclo Superior onde impartía docencia.
Botámoste moito de menos amigo...
Xornada na Coruña co alumnado de 1º de Bacharelato de Artes. Visitamos Museos e exposicións sobre arte oriental, pintura barroca, vangardas galegas, fotografías e máis.
Esculturas de incalculable valor e pinturas de grandes artistas, todo nun día de intenso aprendizaxe. A comida fronte ao mar aberto. O noso alumnado, unha vez máis, deu exemplo de saber estar e dun comportamento modélico.
De seguro agárdanos moitas máis saídas.
Este curso moitos centros solicitaron realizar as probas de acreditación lingüística. Na Laboral chegamos á cifra de case 70 alumnos/as solicitantes, o que provocou que a Consellería tivese que repartir entre todos a partida destinada a este programa.
No noso centro finalmente só estarán becados os alumnos dos cursos superiores (2º de Bacharelato e 2º de Ciclos de FP). Supoñemos que esta medida se tomou para que todo o mundo teña a oportunidade nalgún momento de beneficiarse dela.
A comunicación chegou xa a mediados de novembro polo que non dispuxemos de datas para que o alumnado realice as probas no mes de decembro. Buscaremos unha data axeitada xusto despois da entrega de notas na segunda avaliación (ademais da repesca de xuño)
Yael de Lorenzo Lamas acaba de recibir o primeiro premio no certame Xuventude Crea 2022, na categoría de Fotografía. Yael é actualmente alumna da escola de artes Antonio Faílde e fora alumna nosa do Bacharelato de artes hai dous anos. Enlace
O xurado seleccionou a súa serie "Mocidade" entre un gran número de participantes. "Mocidade" forma parte xa da exposición colectiva temporal que se pode ver na Igrexa da Universidade (Santiago de Compostela) e na cal se expoñen os traballos premiados. Posteriormente, pasará a formar parte do museo dixital: www.museoxuventudecrea.gal
Xuventude Crea, convocado pola Xunta de Galicia, leva trece anos premiando as propostas creativas da mocidade galega pertencentes a 14 categorías artísticas: teatro, música, novela curta, poesía, video creación, banda deseñada, arte urbana, moda, deseño de xoias, cociña, danza moderna, creación de videoxogos, fotografía e artes plásticas (esta última comprende as modalidades de pintura e escultura).
Moitos parabéns Yael! Desexámosche que de aquí en diante teñas moito máis éxito nas artes.
Os días 30 de novembro e 1 e 2 de decembro alumnado de Formación Profesional viaxou ao Pais Vasco para visitar varias empresas desa comunidade: A fábrica de Michelín, as Cooperativas de Mondragón e a empresa matriz do grupo co que colaboramos na FP DUAL, a Fábrica de Rubi.
Tamén tiveron tempo para visitar as citades de Bilbao e Vitoria e realizar algunha visita cultural nela.
O profesorado tamén tivo tempo de visitar e realizar unha pequena formación no centro de innovavión desa comunidade.
Estas actividades están organizadas pola nosa Aula de Emprendemento e financiadas con fondos europeos.
Deixamos un pequeno vídeo da visita, e se consultades as nosas redes sociais tedes aínda máis.
Éxito rotundo na posta en marcha da Ludoteca do IES Universidade Laboral. Dende a sua apertura, a Ludoteca enchese con case 30 rapaces cada recreo, e iso que ainda acabamos de comezar!