Co fin de promocionar o ámbito da creación artística, os Departamentos de Música, Lingua Galega e Lingua Castelá convocan o presente concurso, que se regula por estas bases:
PRIMEIRA. Participantes e obxecto da convocatoria
Poderán participar compositores que o desexen de ESO e Bacharelato que sexan autores da música e da letra dunha canción inédita. A canción será asinada de modo individual ou a cargo dun dúo, sen prexuízo de que na súa gravación ou creación interveñan máis persoas como colaboradores instrumentistas,vocalistas, coristas etc. Os premios, por tanto, concédense a quen asina a canción (unha ou dúas persoas como máximo). O xurado pode requirir en privado aos asinantes nun momento dado a reprodución en directo da súa obra.
SEGUNDA. Obras e a súa presentación
Cada candidato ou candidatos presentará, no prazo sinalado máis abaixo, un máximo de dúas cancións orixinais e inéditas. Para iso, deberá enviarse un arquivo de audio coa canción, e un arquivo de texto en PDF coa letra ao seguinte correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . O arquivo de audio deberá comezar co título da canción e este deberá coincidir co do arquivo de texto. A organización articulará o modo de valorar as cancións preservando o anonimato dos seus creadores e comprométese a borrar todos os audios e a non conservar ningunha copia deles unha vez concluído o concurso.
TERCEIRA. Características da letra da canción
O arquivo PDF deberá incluír o título e a letra da canción, que non poderá superar as 400 palabras. Se houbese partes en linguas que non fosen castelán ou galego, deberían engadirse as súas traducións. O xurado valorará tanto a calidade literaria dos textos como a súa adecuación ás músicas que as acompañan.
CUARTA. Características da música.
O concurso está aberto a calquera estilo músical, pero búscase que a música sexa orixinal e non allea. É necesaria a presenza de polo menos un instrumento musical e unha voz. Permítense instrumentos tanto acústicos como eléctricos. Pódense usar bases, pero debe aparecer algún instrumento máis, por mínimo que sexa. Para calquera dúbida, preguntade a Ana (Música) A duración máxima será de 123 segundos. (uns dous minutos). O xurado valorará o talento e o esforzo compositivo e interpretativo por encima da calidade do son da gravación ou dos medios utilizados.
QUINTA. Prazo de presentación de obras
O prazo de recepción de obras finaliza o 11 de xuño de 2023.
SEXTA. Composición do xurado
O xurado encargado de fallar os premios estará integrado por membros dos Departamentos de Lingua Castelá, Música e Lingua Galega, pertencentes ao ámbito da creación e a investigación artística, literaria e/o musical. O fallo do xurado será inapelable.
SÉPTIMA. Premios
Entre todas as obras recibidas, o xurado seleccionará dúas cancións gañadoras, outorgando os seguintes premios:
- Dous premios categoría 4º/1º e 2º Bacharelato Vales (tenda Thomann) dotados con 120 e 60 euros..
- Dous premios categoría 1º/2º/3º ESO, vales (tenda Thomann) dotados con 100,00 €. e 50 euros.