Get Adobe Flash player

Poderíamosche contar moitas cousas da Laboral e do que nos diferencia de calquera centro educativo máis tradicional, do espazo verde no que estamos situados, e os valores que se foron forxando aquí desde o ano 1975; pero cremos que a mellor maneira de que nos coñezas é amosándoche algúns vídeos de actividades moi significativas que se realizaron ao longos destes últimos anos. Pero recorda que realizamos moitas máis... aínda que non teñamos documento audiovisual:

 

No ano 2023 inauguramos o noso propio "Circuíto de Orientación" que descorre por todo o recinto e ten máis de 30 puntos de control. Todo un luxo. Tanto é así que para a súa inauguración a Federación Galega desta disciplina realizou nel o "XIII Campionato Autonómico de Orientación a Pé". Os participantes quedaron abraiados do noso recinto.

 

No ano 2023 ademáis dun intercambio de estudantes cun centro francés da cidade de Amiens (Francia), tamén realizamos unha viaxe a Bordeaux, Futuroscope e puy du Fou

 

No ano 2023 participamos no "VI Concurso Cantamos con las Manos", promovido pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. O vídeo que elaborou alumnado de ESO, profesorado e persoal non docente ilustra moi ben o que somos e como se traballa aquí a inclusión de persoas con discapacidade.

 

E como non, en toda superproducción que se precie, hai o Making of...

 

No ano 2022 participamos na Muiñeira Global

Profes e rapaces/as da ESO "asaltaron" o noso campo de hockey para facer este espectáculo tan fermoso

 

A Oferta da FP no noso IES (versión 2022)

 

E aínda que non é parte do IES, moitos dos nosos alumnos viven durante o curso no Centro Residencial Docente, ao que estamos literalmente "pegados", porque compartimos edificio. Aquí tes o seu vídeo promocional:

¿Que materias non se van impartir?

Móbiles prohibidos

Actividades Extraescolares

Promoción e titulación

Na ESO:

 

 

No Bacharelato:

 

FP Oferta Educativa

Centro residencial docente

TokApp School

Contador de visitas

4220429
Hoxe
Onte
Esta semana
A última semana
Este mes
O último mes
Tódolos días
43
2603
19398
4093122
40548
49090
4220429

A túa IP: 3.239.91.5
Data e hora: 2024-04-19 00:36:25

¿Quen está en liña?

Temos 25 anónimos e ningún membro en liña