Get Adobe Flash player

A Universidade Laboral foi seleccionada este curso 2021/22 como o único centro de Ourense para levar adiante o proxecto de Aula de Emprendemento.

A actuación Aulas de emprendemento na formación profesional enmárcase no marco do fomento do emprendemento desenvolvido polo Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende, constituíndo unha estratexia para impulsar as habilidades persoais e profesionais encamiñadas a potenciar o emprendemento e o autoemprego.

Esta actuación establécese dentro da colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Ministerio de Educación y Formación Profesional para o desenvolvemento do Plan de Formación Profesional para el crecimiento económico y social y la empleabilidad enmarcado na segunda fase do Plan Estratégico de la Formación Profesional, na Agenda 2030 e nos Objetivos de Desarrollo Sostenible del Estado.

Este proxecto vai supoñer a creación dun espazo dedicado ao emprendemento dentro do IES, con todo o equipamento necesario, onde impulsar as habilidades emprendedoras entre o alumnado de Ciclos Formativos, en particular do alumnado que está próximo a finalizar os ciclos. Deste xeito, preténdese facilitar a súa inserción e desenvolvemento no mercado laboral, tamén como traballadores por conta propia.

É o paso previo á creación do "Viveiro de Empresas", co que pensamos contar nos próximos anos.

A aula vai estar situada ao carón de secretaría, nun espazo acristalado e dotado co material informático e audiovisual necesario para poder desenvolver os proxectos emprendedores.

A coordinadora do proxecto e Reyes Pavón, profesora de Formación e Orientación Laboral

¿Que materias non se van impartir?

Actividades Extraescolares

 

Promoción e titulación

Na ESO:

 

 

No Bacharelato:

 

FP Oferta Educativa

Centro residencial docente

TokApp School

Ir aos expedientes académicos

Comedor: simulador de taxas

Navega con rumbo

Contador de visitas

3565348
Hoxe
Onte
Esta semana
A última semana
Este mes
O último mes
Tódolos días
741
1157
2667
3459174
30474
29564
3565348

A túa IP: 3.236.18.161
Data e hora: 2022-11-29 17:05:01

¿Quen está en liña?

Temos 22 anónimos e ningún membro en liña