Get Adobe Flash player

Como moitos de vós xa saberedes o pasado venres rescatamos un cachorro de gato no noso IES. Dende as 8,30 e durante máis de 7 horas varios profesores e profesoras se movilizaron para conseguir recollelo do alto dunha tuya de máis de 10 metros de altura.

Ainda que algúns pensen que os gatos todos saben baixar por onde subiron, non sempre é así. A veterinaria, especialista felina, confirmounos que se se trata dun pequeno e a súa nai non lle ensinou estas habilidades, polo que non podería baixar e probablemente morrería exhausto.

Os membros da Aula da Natureza do centro avisaron a varias instituciòns e corpos de seguridade, pero temos que dicir que quenes resolveron de forma EFICAZ foron os nosos amigos de "Patrulla Callejera e Colonias de gatos de Ourense" que tantas veces nos visitaron para facer actividades.

A realidade é que a pequena foi rescatada por Marcelo. Non temos palabras para agradecer o que fixo, xa que chegou desde o seu traballo en Xinzo, rescatouna e regresou as catro da tarde sen comer. Sí amigos, existen persoas así.

A pequena á que xa bautizamos coma "Tuya", está ben coidada pola veterinaria, que traballa tamén de forma xenerosa. Recordade que ainda que este sexa un caso rechamante e queirades adoptar, hai centos de gatos e cans esperando a súa oportunidade.

Finalmente queremos dar as grazas a todos os profes que colaborastes, máis alá do voso horario lectivo, portando cordas, escaleiras, comida, construindo ganchos; e especialmente a Mila e Alberto, e, sobre todo, grazas a Colonias, Marcelo, Judith e Luz. Educar coa vosa colaboraciòn sempre dá os seus froitos.

Se queredes ver as fotos do rescate, podedes facer click na Galería fotográfica

A gatiña é o punto blanco que veredes na copa da árbore, berrando todo o tempo, ò sol, aí agarrada, e Marcelo, o rescatador é a persoa que se ve no tellado xunto a Alberto Bahón, o noso profe de Debuxo.

Xa hai unha alumna que quere adoptar, e un bombeiro xa lle buscou un fogar provisional.

¿Que materias non van impartir?

Recollida de tapóns solidarios

Centro residencial docente

 

TokApp School

FP Oferta Educativa

Translate (traduce esta web)

Ir aos expedientes académicos

Comedor: simulador de taxas

Formación profesional DUAL

Navega con rumbo

Contador de visitas

2937173
Hoxe
Onte
Esta semana
A última semana
Este mes
O último mes
Tódolos días
363
1100
2506
2827842
2506
38955
2937173

A túa IP: 18.204.48.69
Data e hora: 2021-08-03 07:37:19

¿Quen está en liña?

Temos 27 anónimos e ningún membro en liña

Novas da Voz de Galicia

As nosas webs

Séguenos en...

 

 

Colabora coa Cruz Vermella

Acceso correo Departamentos

Proxecto Abalar

Acceso ao servidor desde outra zona do centro

 

Galeria permanente de fotos