Get Adobe Flash player

O alumno deste centro, Daniel Palomanes Paz, que cursara o Ciclo Superior de Automoción, acadou un dos Premios Extraordinarios Formación Profesional de Grao Superior da Comunidade Autónoma de Galicia, outorgados pola Consellería de Educación.

Na foto é o primeiro pola esquerda

O Conselleiro no acto de entrega felicitou aos estudantes premiados, aos que se lles recoñece o seu “esforzo, dedicación e ilusión”, porque “non hai nada sen esforzo e ilusión”, recalcou. Tamén animou ao alumnado a poñer en valor o conseguido, aínda que, en palabras de Román Rodríguez, non se trata só dun éxito do propio estudante, senón tamén do profesorado e das familias. Na súa opinión, os alumnos galardoados son a mostra do esforzo conxunto de toda a comunidade educativa.
O acto tivo lugar no Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura de Galicia
Nesta edición participaron un total de 290 alumnas e alumnos: 131 de centros da Coruña, 53 de Lugo, 25 de Ourense e 81 de Pontevedra. Para optar a estes premios extraordinarios de FP, os aspirantes debían ter rematados os estudos de formación profesional de grao superior no ano 2013 nun centro docente de Galicia -tanto na modalidade presencial como na modalidade a distancia- e ter obtido unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,50. Os estudantes galardoados recibiron un diploma acreditativo e unha gratificación económica ao seu traballo.
Desde o IES Universidade Laboral queremos felicitar e agredecer tamén ao profesores e profesoras que lle impartiron clases nos dous anos que estivo connosco, e que o axudaron a conseguilo.

¿Que materias non se van impartir?

Actividades Extraescolares

 

Promoción e titulación

Na ESO:

 

 

No Bacharelato:

 

FP Oferta Educativa

Centro residencial docente

TokApp School

Ir aos expedientes académicos

Comedor: simulador de taxas

Navega con rumbo

Contador de visitas

3687882
Hoxe
Onte
Esta semana
A última semana
Este mes
O último mes
Tódolos días
811
1399
4824
3577942
26201
31311
3687882

A túa IP: 3.236.209.138
Data e hora: 2023-03-22 07:02:21

¿Quen está en liña?

Temos 45 anónimos e ningún membro en liña