Get Adobe Flash player

En marzo de 2014 comezamos a colaboración coa asociación sen ánimo de lucro BANTA. Trátase dunha asociaciación que axuda economicamente a nenos con algún tipo de discapacidade, mediante a recollida de tapóns.

A nosa axuda consistiu en converternos en punto de recollida dos tapóns, para entregarllos á asociación cando a cantidade recollida fora considerable.

Naquel mes colocamos uns recipientes de cartón, debidamente sinalizados na entrada do centro, para organizar a recollida.

Banta axuda a nenos e nenas de toda a Comunidade, e vai cambiando os beneficiarios a medida que van conseguindo cumprir os seus obxectivos. Naquela campaña as axudas centrámolas en Daniel, un rapaz de Verín.

Daniel tiña 8 anos, e precisaba un andador NF Walker pola súa discapacidade (cun custe superior aos 2000 euros). O seu pai estivo na Laboral falándonos do proxecto. Comentounos que por cada tonelada de tapóns recollidos, recibía 250 euros.

Finalmente, rematado o curso, o pai do rapaz volveu ao centro para dar as grazas a todos os que colaborastes aínda que só fora depositando un tapón, e para informarnos que xa conseguiran o diñeiro suficiente para mercar o andador.

Animounos a seguir recollendo o curso seguinte para outros rapaces necesitados.

¡¡¡GRAZAS A TODOS OS QUE COLABORASTES NESTA PRIMEIRA CAMPAÑA DE RECOLLIDA!!!

FP Oferta Educativa

¿Que materias non se imparten mañá?

Centro residencial docente

 

Recollida de tapóns solidarios

TokApp School

Translate (traduce esta web)

Ir aos expedientes académicos

Comedor: simulador de taxas

Formación profesional DUAL

Navega con rumbo

Programacións ESO e Bacharelato

Contador de visitas

2478446
Hoxe
Onte
Esta semana
A última semana
Este mes
O último mes
Tódolos días
292
1639
9652
2361723
38689
25759
2478446

A túa IP: 3.237.71.23
Data e hora: 2020-09-25 05:59:36

¿Quen está en liña?

Temos 13 anónimos e ningún membro en liña

Novas da Voz de Galicia

As nosas webs

Séguenos en...

  • Facebook: /pages/IES-Universidade-Laboral/179875562083593
  • Flickr: universidadelaboral
  • Twitter: laboralourense
  • YouTube: universidadelaboral
  • External Link: issuu.com/tonohernandezgonzalez

Colabora coa Cruz Vermella

Acceso correo Departamentos

Proxecto Abalar

Acceso ao servidor desde outra zona do centro

 

Galeria permanente de fotos