Get Adobe Flash player

¿Estás interesado/a en estudar na Universidade Laboral?.

Podemos ofrecerche multitude de razóns para que escollas o noso centro escolar e estudes connosco. ¿Sabías que somos o único IES da provincia que ofrecemos o bacharelato de artes plásticas?. ¿Sabías que compartimos o edificio co Centro Residencial Docente, no que o alumnado por un módico prezo dispón de residencia ademais dunha gran parte de servizos complementarios?. ¿Sabías que dispoñemos dunha amplísima oferta de Formación Profesional, cunha alta inserción profesional?. ¿Sabías que dispoñemos de Formación Profesional DUAL, na que os nosos alumnos/as estudan e traballan ao mesmo tempo?. ¿Sabías que a Universidade Laboral está situado nun dos edificios singulares de edificación civil de Galicia?.¿Sabías que somos centro examinador Trinity?. ¿Sabías que ademais de contar cunha biblioteca espectacular contamos tamén cunha ludoteca?

Preme no botón "Ler máis", para coñecer todo isto e moito máis de todo o que che podemos ofrecer.

 

 

Porque dispoñemos dun excelente cadro de profesorado. Os resultados do noso alumnado nas probas de acceso á universidade sempre son moi satisfactorios, e adoitan superar a media galega. En anos anteriores os nosos alumnos/as obtiveron puntuacións de 10 en diferentes materias; case sempre temos alumnado que obtén matrícula de honra no bacharelato.

Segundo unha nova publicada no Diario A Voz de Galicia xusto antes da pandemia o noso IES está entre os tres mellores centros de Ourense no que respecta a cualificacións das probas de acceso á Universidade. Enlace

Levamos moitos anos sen rexistrar case ningún suspenso.

 

Porque somos o único centro da provincia que oferta o bacharelato de artes (modalidade de artes plásticas). Son múltiples as exposicións e actividades que realizan estes alumnos/as ao longo do ano, por iso o resto do centro benefíciase tamén indirectamente desta modalidade educativa.

Porque dispoñemos dunha amplísima oferta en formación profesional:

Ciclos medios: Electromecánica de vehículos (dous grupos), Carrozaría
Ciclos superiores: Automoción, Mecatrónica Industrial, Mantemento de Instalacións Térmicas e de Fluídos.
Porque somos o único centro en ofrecer o Programa de formación profesinal básica de Mantemento de vehículos

Porque somos un dos IES da provincia en contar coa Formación Profesional DUAL, no que o alumnado estuda e traballa ao mesmo tempo, ao igual que se fai noutros paises europeos avanzados.

Contamos cun Ciclo Medio de Carrozaría no que se convina a formación profesional no centro educativo e na empresa UNVI. Este ciclo conta cun novo taller construído no 2017 cunhas modernas instalacións.

Contamos tamén cun Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial no que se convina a formación profesional no centro educativo e na empresa GAESA.

Porque atendemos á diversidade. Contamos cun Departamento de orientación composto por 2 orientadores, 1 profesor/a de audición e linguaxe, 2 profesores/as de pedagoxía terapeutica e intérpretes de signos.

Porque dispoñemos dun Club de lectura que ao longo destes anos foise convertendo no verdadeiro motor de dinamización cultural do noso IES. Boa proba de todas as actividades que desenvolven: viaxes culturais para alumnado, viaxes culturais para pais e nais, concursos, exposicións, charlas de escritores, actividades de lectura... pódese consultar todo isto na súa páxina web

 

Existe tamén un Club de lectura de pais e nais que realiza numerosas actividades culturais ao longo do ano

Porque levamos xa varios anos desenvolvendo o plan lector do centro. Tódolos nosos alumnos/as de ESO dispoñen de quince minutos diarios dedicados á lectura. Pódese consultar o horario na páxina web

 

Porque contamos en 1º e 2º de ESO co proxecto Abalar, beneficiándonos de todas as vantaxes deste proxecto da consellería. No resto da ESO e o bacharelato contamos co proxecto Kits Dixitais.

Todos estes proxectos supuxo que contemos xa con encerados dixitais en tódalas aulas de ESO e Bacharelato, e con proxectores no resto das aulas do centro.

Contamos tamén cos recursos do proxecto AbalarMóbil, mediante o cal os pais e nais poden consultar todo tipo de información (cualificacións, faltas de asistencia en tempo real, etc), e estar en contacto co centro escolar e tamén co profesorado, a través do smartphone.

 

Porque ademais do AbalarMóbil, contamos coa plataforma TokApp School para comunicarnos coas familias e alumnado directamente a través dun sistema de mensaxería tipo Whatsapp ou SMS
Porque contamos tódolos anos co proxecto Contrato-Programa (antigo PROA), o que significa que dispoñemos de clases de apoio polas tardes para os dous primeiros cursos de ESO (para o alumnado de transporte, dispoñemos dun servizo de comedor gratuíto). Poucos IES da cidade contan con este programa. PROGRAMA SUSPENDIDO NOS ANOS DA PANDEMIA

 

Porque o IES Universidade Laboral está fisicamente unido ao centro residencial docente. Compartimos edificación. Desta maneira aqueles alumnos/as que residan nel e opten por estudar no noso centro, non terán necesidade de realizar ningún tipo de desprazamento. No Centro Residencial Docente o alumnado dispón ademais de servizo de lavandería, biblioteca, servizo médico propio, restaurante, ximnasio, aula de informática con acceso a internet, salas de estudo, salas de TV e vídeo, etc.

 

Porque nos últimos 47 anos dispuxemos dun Taller de teatro, con materia optativa propia na ESO. No noso centro naceron grupos que hoxe triunfan no eido profesional, como Sarabela teatro, ou Tarumba teatro.

O nosos salón de actos está habilitado técnicamente para representacións teatrais de moi bo nivel.

Porque contamos cunha biblioteca realmente espectacular, dividida en tres alturas e ademáis a partir do curso 2022/23 contaremos cunha ludoteca na entrada do IES. Todo o traballo desenvolvido tanto na biblioteca como no Plan Lector e no Club de Lectura valeunos hai anos para ser incluídos no Plan de mellora de Bibliotecas Escolares (PLANBE).

 

Porque moitos departamentos participan en proxectos e concursos educativos dos que se beneficia directamente o alumnado. Actualmente é de destacar Proxecto Aula Maker (único centro no ano 2020 da provincia de Ourense), que supón a dotación do IES con material tecnolóxico: robots, cortadoras láser, impresoras 3D, etc. Nova

No curso 2021/22 estaban activos 16 proxectos educativos e moitos outros en proceso de solicitude

 

 

Porque o noso centro está situado nun recinto cunha enorme zona verde. O edificio do IES dispón de amplísimos ventanais, o que nos permite desfrutar do noso contorno vexetal en toda a súa plenitude. Compróbao ti mesmo facendo click neste enlace

Existe unha Aula da Natureza que no 2019 foi recoñecida como Club de Ciencia. Ao longo do curso realizan numerosas actividades de sensibilización con alumnado e profesorado. De moitas destas actividades damos conta na nosa páxina web.

 

Porque no noso centro apostamos polas novas tecnoloxías. Levamos desenvolvidas varias páxinas web onde damos conta dos proxectos importantes do noso IES. Contamos cun servidor propio.

No último ano estamos apostando por a dinamización dos cursos a través da aula virtual do centro. O que permite que os alumnos podan acceder a moito material didáctico desde as súas casas.Tamén están moi activas as nosas redes sociais

Porque nos preocupa a saúde de toda a nosa Comunidade Educativa. Por iso levamos varios anos con actividades formativas no ámbito das emerxencias sanitarias no ámbito educativo, tanto para profesorado como alumnado. Contamos cun botiquín ben dotado e somos Centro Cardioprotexido ao contar cun desfibrilador semi automático (DESA). Nova
Porque somos centro examinador Trinity e a través das diferentes convocatorias da Consellería todo o alumnado de 41 de ESO, Bacharelato ou Ciclos pode certificar oficialmente os seus coñecementos en lingua inglesa (B1, B2, C1 ou C2). Pronto tentaremos optar ao mesmo noutras linguas

 

¿Que materias non se van impartir?

Promoción e titulación

Na ESO:

 

 

No Bacharelato:

 

FP Oferta Educativa

Centro residencial docente

TokApp School

Ir aos expedientes académicos

Comedor: simulador de taxas

Navega con rumbo

Contador de visitas

3501072
Hoxe
Onte
Esta semana
A última semana
Este mes
O último mes
Tódolos días
179
970
1915
3396429
27464
19448
3501072

A túa IP: 18.208.187.128
Data e hora: 2022-09-27 06:58:19

¿Quen está en liña?

Temos 31 anónimos e ningún membro en liña