ENLACE PARA DESCARGAR OS FORMULARIOS DE MATRÍCULA
O mércores 21 de xuño rematan as clases no curso 2022/23. A publicación das cualificacións en Abalar será o venres 23 ás 22 horas, e a entrega dos boletíns en papel realizarase o luns 26 ás 11 horas nas respectivas aulas (a excepción de 2º Bacharelato de Artes, por mor das oposicións que se están a realizar no centro. Entregaranse en secretaría)
Para matricularse primeiro hai que cumprimentar na casa os formularios de matrícula e acudir logo á secretaría só cando se teñen todos eles cubertos e toda a documentación completa, para evitar aglomeracións.
Prazos para realizar a matrícula:
- ESO e Bacharelato: Do 23 de xuño ó 7 de xullo.
- 1º Ciclos Formativos: Solicitudes (vía web) do 23 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas. Primeira adxudicación o 19 de xullo. Ver calendario detallado na web.
- 2º Ciclos Formativos e 2º FP Básica: Entregar folla de matrícula (na secretaría do centro) ata o 5 de xullo ás 13 horas..
- Curso de especialización en FP: Solicitudes (vía web) do 23 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas. Publicación de adxudicación de prazas o 19 de xullo. Matriculación do 19 de xullo ao 26 de xullo ás 13:00 horas.
- FP DUAL: Solicitudes (vía web) do 23 de xuño ás 9:00 horas ao 5 de xullo ás 13:00 horas. Período de selección pola empresa, do 11 o 14 de xullo ás 12:00 horas. Publicación de prazas adxudicadas o 17 de xullo. Matrícula do 18 de xullo ás 9:00 horas ao 26 de xullo ás 13:00 horas.
- 1º FP Básica: O centro de orixe debe ter cargada a solicitude de admisión e matrícula na aplicación ciclosadmisión. O prazo é do 26 de xuño ata as 13:00 horas do 6 de xullo. O 10 de xullo publicarase a listaxe provisional de admitidos. O día 24 de xullo a listaxe definitiva e matrícula desde ese día.
A matrícula poderá realizarse utilizando calquera dos seguintes procedementos:
- Acceder á aula virtual do IES. Descargar, cumplimentar e imprimir no propio domicilio os impresos de matrícula (O ENLACE ESTÁ AO PRINCIPIO DESTA NOTICIA). Recoller o sobre en conserxería. Asinar todo e posteriormente entregalos xunto co resto da documentación na secretaría do IES. Para poder cumplimentar os formularios neste caso é imprescincible descargalos previamente no ordenador, para poder editalos e escribir sobre eles, logo imprimilos.
-
Acudir ao IES para recoller todos os formularios de matrícula en papel no Hall do IES, cumplimentar os impresos de matrícula, asinalos e posteriormente entregalos xunto co resto da documentación indicada no sobre na secretaría do IES. Neste último caso hai un pequeno custe polas fotocopias.
Enlaces de interese e información da Formación Profesional:
- Información sobre a admisión Grao medio e Superior
- Información sobre a admisión na FP Básica
- Información sobre a admisión na FP DUAL
- Información sobre admisión no curso de especialización en FP
O alumnado que desexe matricularse en 1º curso de Formación Profesional, debe solicitar anteriormente a admisión. A solicitude de admisión deberá realizarse mediante o asistente informático vía web (é un proceso centralizado da Consellería para tódolos centros).
Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.