O mércores 2 de novembro estivemos de excursión no auditorio da nosa cidade cos grupos de 2º ESO de Iniciación á Arte Dramática e 3º ESO de Oratoria, asistindo a un "Obradoiro de Dobraxe" na Escola organizado polo OUFF.
Neste obradoiro aprendemos como funciona a industria do dobraxe e a súa importancia para a promoción da nosa lingua. Tamén tivemos a oportunidade de dobrar nós mesmos varias escenas dunha película
Despois, visitamos os diferentes espazos, materiais e posibilidades que nos oferta a Biblioteca Pública de Ourense Nós da man de Iria.
Fomos varios os que marchamos ilusionados co resgardo para facernos o carné!
Xornada de outono, lume e patacas da horta co alumnado 1º da ESO da Aula da Natureza. O traballo realizouse en varias semanas atrás. Estes alumnos e alumnas recolleron a leña do noso bosque, acarrearon, trocearon e cubriron coidadosamente para protexela da chuvia que ainda non chegaba.
Logo recolleron as patacas e as gardaron. E grazas a iso agora tivemos leña seca, e velaí os tedes, cociñando nas brasas, patacas con romeu, que por suposto tamén recolleron no mesmo momento na zona de aromáticas. Valorando a terra, valorando o traballo e disfrutando moitísimo.
Bo traballo rapaces/as
O Departamento de Matemáticas do IES Universidade Laboral organiza o segundo concurso de poemas e relatos matemáticos. Consulta as bases e anímate a participar!
Varios membros do equipo Erasmus+ do IES acudiron o venres 14 de outubro á Xornada de xestión e promoción das mobilidades Erasmus+ nos consorcios de FP de Galicia, que se celebrou no CIFP Compostela. Seguimos avanzando na consolidación dos proxectos europeos na Laboral.
Co outono comezamos as tarefas co alumnado da Aula da Natureza e Paisaxe. No noso bosque e na horta non paramos de aprender e experimentar os ciclos da natureza. Aqui tedes unha pequena mostra da parte do ciclo que nos toca agora, o noso alumnado recolle as berzas, patacas, verduras verdes, etc, froito do traballo doutros compañeiros. E eles mesmos preparan a terra, sachando, rastrillando e sementando nabos, grelos, coles, etc.
E quizáis outros, non sò eles, recollan eses frutos. Así vivimos os ciclos en outono : recoller e sementar, para nós, e para outros. Compartindo.
O curso pasado demos os primeiros pasos para acreditar o noso IES nas accións formativas Erasmus+.
Nese curso xa se realizaron algunhas accións, concretamente foron dous os profesores que puideron realizar mobilidades; un a Croacia e outro a Italia.
Este curso, aínda que faltan por concluir algúns pasos no complicado proceso administrativo de acreditación, xa puidemos enviar os dous primeiros alumnos da Universidade Laboral, socios de APAGA, a Lisboa, para realizar as prácicas do seu Ciclo Formativo mediante unha beca Erasmus+ Concretamente estanas realizando na empresa "Soauto Expo De Lisboa ".
Tedes máis información no Blog do Erasmus+ do IES
Este curso escolar o Departamento de Mantemento iniciou a impartición do Curso de Especialización en Dixitalización do Mantemento Industrial, único en Galicia. Trátase dos coñecidos como novos Máster en FP, un tipo de ensino que se iniciou o curso pasado coa última reforma da Formación Profesional.
Vai dirixido a titulados, xa traballadores en activo e que remataran estudos do Ciclo Superior, especialmente de Mecatrónica.
Entre outras cousas o curso ten convalidacións directas coa Universidade.
Todo isto fai necesario a continua preparación e actualización do profesorado, e contar coa colaboración de empresas e institucións públicas.
Neste caso contamos coa colaboración "Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia", unha institución dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situada no Parque Tecnolóxico, que sebrindou a realizar accións formativas para o profesorado e alumnado; polo que temos que agradecerlles moito este ofrecemento desinteresado.
Na foto responsables do Laboratorio, o director do IES, e parte do profesorado que imparte docencia no Máster.