Na Universidade Laboral preparámonos xa para a chegada da primavera. Dende a Aula da Natureza o alumnado de 1º e 2º da ESO ordenaron e prepararon todas as ferramentas e sementes que recolleron meses atrás.
E xa comezaron a preparar a terra. Aprendizaxe cos pes sobre o terreo, esforzo que significa algo.
O luns 27 de febreiro o noso alumnado de 2º de Bacharelato, da optativa de Psicoloxia, recibiu unha valiosa charla con actividades prácticas. Con Alejandra, psicóloga e colaboradora de "Echa el freno", aprenderon como se cultiva a motivación, a resiliencia, e que temos, non unha, senón oito intelixencias!
A exercitalas entón!
Os medios de comunicación deron conta dunha das actividades que se veñen desenvolvendo na Universidade Laboral desde hai moitos anos, o teatro dos maiores. Profesorado e persoal non docente xa xubilado, nais, pais e alumnado que xa remataron os seus estudos e seguen ligados ao noso IES a través do teatro.
Ángeles Álvarez, profesora xubilada é a directora deste grupo tan especial, e a persoa que os mantén unidos.
Ensaian no salón de actos do IES polas tardes e representan tamén nel, pero veñen de facelo no Teatro Principal, e o ano pasado tamén representaron en Verín, Celanova e O Carballiño.
O venres 17 de febreiro celebramos o entroido nos exteriores da Laboral. O tempo acompañou. Bica e música nun día estupendo. Disfrutamos todos xuntos nun ambiente festivo caracterizado pola ausencia de móbiles.
Aquí tedes unha presentación dese día:
Os departamentos de Automoción e Instalación e Mantemento participaron nun campionato de soldadura robotizada en Tarragona con tres alumnos.
Xa levan varios anos con este proxecto en marcha no que para o seu desenvolvemento contaron coa colaboración doutros tres centros educativos de fóra de Galicia e unha emresa.
Os medios locais deron conta desta importante actividade.
O pasado xoves 9 de febreiro o noso alumnado do Ciclo Superior de Automoción e dos segundos cursos dos Ciclos Medios de Carrozaría e Electromecánica acudiron ao "II Foro Talento e Emprego" celebrado no auditorio Mar de Vigo.
Alí tiveron ocasión de escoitar os relatorios de catro emprendedoras cunha longa traxectoria laboral e de coñecer de primeira man a traxectoria dun gran piloto da Fórmula 1 e actual embaixador de Ferrari como é Marc Gené.
Esperamos que os motivase para emprender unha longa carreira profesional chea de éxitos ao remate dos seus estudos no noso centro.
O venres 11 de febreiro, o día da muller e a nena na ciencia, os alumnos de 4º de ESO estiveron na exposición "Experimenta en feminino". Visionaron distintas experiencias que chamaron moito a súa atención, e puideron tamén participar en moitas actividades.
Para celebrar o día 11 de Febreiro, día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia, o alumnado de 2º ESO A, 2º ESO B e 3º ESO A realizaron uns traballos sobre as mulleres que acadaron un premio Nobel nalgunha das disciplinas científicas, Física, Química ou Medicina. Desde o ano 1901 que comezaron a entregarse nestas tres disciplinas concedéronse uns 640 en total, e deles, soamente 24 foron para mulleres. Podedes ver os traballos no hall da entrada.
Pola súa parte o alumnado de 3º ESO B creou uns Podcast para darnos a coñecer a 10 das mulleres máis importantes no mundo das matemáticas e da astronomía.
Gran traballo rapaces/as
Aquí atoparedes información sobra a viaxe a Francia que o centro pretende facer entre o 11 e o 15 de abril. Tedes o formulario de autorización para descargar onde se fai un resumo do que sería a viaxe (previsible á espera de máis información).
E aquí un pequeno vídeo que fixeron as profesoras que están a organizar a viaxe
O luns 23, o noso alumnado de 1º de bacharelato de Artes visitou o Centro Cultural Marcos Valcárcel. Alí esparàbanos a obra en madeira "O bosque anguriado", pero non só iso, senón que tamén nos agardaba o autor, o artista X. M. MOXÓN. Tivemos a sorte de falar con el da súa obra, de que nos amosara en vivo, como traballa, e de algo máis: sorprendeu a todos ao agasallar cunha das súas obras a unha das alumnas.
Todos quedamos conmovidos, pola obra, as palabras, a presencia deste gran artista. Grazas Moxón polas túas creacións, as túas ensinanzas e a túa xenerosidade.
Se estás cursando 2º curso dun dos nosos Ciclos Formativos podes realizar as prácticas de FCT nun país da Unión Europea.
Tes máis información no seguinte ENLACE, na web da Consellería
E se xa o tes claro podes acceder a este outro ENLACE e deixar os teus datos. Poñerémonos en contacto contigo para informarte máis polo miúdo.
Como é habitual durante o período vacacional aproveitamos para facer diversas obras no centro, polo que pedimos desculpas de antemán se á volta algunha das zonas afectadas están algo sucisa ou sen colocar de todo.
Estas foron as actuacións:
- Renovouse por completo o ultimo aseo de uso frecuente que quedaba: o aseo feminino do andar superior (1º e 2º de ESO).
- Pavimentouse a planta superior da zona administrativa.
- Instalación da nova iluminación das catro aulas do taller principal de automoción.
- Instalación dun novo proxector no laboratorio de Química e recableado das mesas do de Física.
- Realizáronse varias reparacións de electricidade, pavimentado e pintuta por todo o centro.
- A Consellería está realizando obras de ampliación do aparcamento do alumnado e esplanando enfronte do polideportivo para habilitar un circuíto de carreiras de terra. Tamén están podando e cortando árbores que resultaban perigosas para os viandantes. No mes de xaneiro temos noticias que se realizará o plantado de 300 árbores de especies autóctonas por todo o recinto.
- Queda pendente para xaneiro reparación das portas en mal estado das aulas e dos taboleiros de cortiza, instalación de estores, e o mobiliario e recableado do taller de Automatismos.
Os días 19, 20 e 21 de decembro o alumnado de 2º de Bacharelato realizarou a tradicional viaxe a Madrid. Visitaron entre outros os lugares característicos da capital, a exposición de Goya no Museo do Prado, o planetario. Pero tamén tiveron tempo para o entretemento e diversión no "Articus" e no teatro da Gran Vía onde asistiron á obra "Vaya Movie".
Unha viaxe que recordarán moitos anos.