O luns 6 de novembro visitounos a escritora madrileña Rosa Huertas, autora de exitosas novelas como “La sonrisa de los peces de piedra “ “Mujeres que leían” o “Un balcón a la libertad”.
Sobre esta última tratou o coloquio co noso alumnado de 3º de ESO, que contou ademais coa presenza de varios estudantes do IES Ferro Couselo
Baixo o título "Palabras e música pola paz" reunímonos no salón de actos para reflexionar sobre a situación do mundo, xenocidio e o sufrimento das persoas nos conflictos actuais. O máis importante desta acción é que foi a proposta das nosas alumnas e alumnos, deles partiu esta iniciativa.
Organizaron a lectura de textos clásicos e doutros elaborados por elas, música en directo, charlas... En fin o noso agradecemento, parabéns pola vosa xenerosidade, motivación e interese.
Educándonos na paz.
Sempre nos gusta dar conta dos éxitos acadados polos nosos alumnos/as fóra do entorno escolar. Pois ben estes días unha das nosas alumnas de 4º de ESO, Alba Pérez, Foi noticia pola súa progresión na arbitraxe.
Bravo Alba, fan falta moitas mulleres coma ti no mundo do fútbol.
Agradecemos a todos os que nos enviedes noticias coma estas. Animámosvos a seguir facendoo
Este curso escolar a Universidade Laboral participou na competición Galiciaskills 23 -7º Campionato galego de Formación Profesional. A competición levouse a cabo durante varios días en Silleda.
Finalmente non obtiveron premio, pero a experiencia foi fantástica e aprenderon moito.
O venres 27 xa tiveron lugar as primeiras charlas da aula de emprendemento. Recordade que o luns 30 de outubro a partir das 9:30 no salón de actos do IES terán lugar o resto das conferencias.
Os alumnos de 3ª de ESO desfrutaron o luns 23 de outubro dunha fantástica xornada no Parque Natural das Illas Atlánticas, facendo unha ruta guiada polas Illas Cíes e incluso bañándose na praia de Rodas pola tarde.
Fantástico día. Aquí tedes o reportaxe fotográfico.
Xa comezaron as actividades da aula de emprendemento deste curso.
O venres 27 e o luns 30 de outubro a partir das 9:30 no salón de actos do IES terán lugar as conferencias de diferentes emprendedores de éxito para o alumnado de 2º de Ciclos Formativos. Falarán da súa experiencia en sectores moi diversos. Un deles, Jacobo Mosquera, antigo alumno da Laboral.
Xornada moi intensa organizada polos Departamentos de Artes Plásticas e Filosofía para o alumnado de 1º de Bacharelato de Artes, na Coruña. Visitaron a exposición Walk this way. Colección de calzado ao longo da historia.
O noso alumnado puido deseñar varios modelos de calzado amosando a sua creatividade e gusto. Tamén visitaron o museo de BBAA, percorrendo salas con diferentes estilos, e por suposto, comida en san Pedro a mar aberto para descansar de tan variada actividade, andainas polo casco vello e polo porto da cidade. Clases fóra das aulas, alumnado comprometido, dia espléndido.. Que máis se pode pedir?
O 11 de outubro visitounos o gravador arxentino Adrián Pandolfo para impartir unha masterclass de gravado ao taco perdido, especialidade na que é internacionalmente recoñecido. Pandolfo estaba en Galicia por unha breve estancia e aceptou amablemente a invitación do Bacharelato de Artes do IES A Laboral. O alumnado puido desfrutar de ver traballar ao artista en vivo e finalmente sorteáronse entre os asistentes 3 exemplares asinados e numerados, da peza que gravou e estampou durante a mañá.
De Pandolfo destacou o nivel de implicación e atención do alumnado.
A consellería acaba de publicar a posibilidade de acreditar o nivel de competencia lingüística en lingua extranxeira nos niveis B1, B2 ou C1 a alumnado de centros públicos.
As probas realizaranse no IES.
O alumnado que curse 4º ESO, 1º ou 2º de bacharelato, ou Ciclos Formativos no curso 2023/2024, e que estean interesados/as en realizar as probas de acreditación deben entregar o seguinte compromiso asinado antes do día 23 de outubro na secretaría do centro.
A Universidade Laboral solicitará esta acción da Consellería, logo se o proxecto ven aprobado, indicarannos para que cursos vai dirixido (os que serán subvencionados). O alumnado que resultara excluído tería a posiblilidade de examinarse abonando á empresa directamente as taxas de matrícula se así o desexa.
Este ano a empresa seleccionada polo centro foi TOEFL. Tedes o enlace máis información da mesma no enlace do banner superior.
Descargar o compromiso para a realización da probas de nivel lingüístico
Terceiro de ESO o xoves 5 de outubro fixo unha saída ao auditorio par ver "O home do saco".
Esta actividade do Concello de Ourense está enmarcada no XIV Certame de cine OUFF. O Certame de Cinema Internacional Escolar nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade.
Xa se pode consultar o calendario escolar do IES para este curso. Recordade que o venres 13 de outubro de 2023 e o 20 de maio de 2024 son os días non lectivos propios do noso IES (aínda pendentes de autorizar por educación).