Vanse celebrar no noso centro as probas libres dos módulos profesionais correspondentes aos ciclos formativos que se imparten no noso IES.
A data de acollemento será o día 7 de xuño ás 17:30 horas no salón de actos do IES. As probas celebraranse entre o luns 13, e o xoves 16 de xuño. O resto da información destas probas (calendario de exames, programación das materias, avisos, etc), pódese consultar premendo o botón ler máis.
O venres 20 de maio o Departamento de Galego en colaboración con Vicedirección organizaron a 1ª Romería das Letras Galegas: gaiteiros, empanadas e moita música no exterior do IES ás dúas últimas horas de clase. Unha xornada festiva para conmemorar a nosa esencia. Publicaremos algúns vídeos desa xornada nas nosas redes sociais.
Vídeo promocional
Formación profesional da familia de Transporte e Mantemento de Vehículos:
- Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos (dous grupos)
- Ciclo Medio de Carrozaría
- Ciclo Superior de Automoción
Formación profesional da familia de Instalacións e Mantemento:
- Ciclo Superior de Mecatrónica Industrial
- Ciclo Superior de Instalacións Térmicas e de Fluídos (100% de empleabilidade)
- Formación profesional DUAL (pendente de aprobación por parte da Consellería):
- CS de Mecatrónica Industrial (en colaboración coa empresa GAESA)
- CM de Carrozaría (en colaboración coa empresa UNVI)
Formación Profesional Básica:
-
Mantemento de Vehículos (dous grupos)
En tódolos Ciclos que ofertamos existe a posibilidade de realizar a FP DUAL Ordinaria no segundo curso
Vídeo promocional da FP DUAL en Ourense
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23. O prazo para presentar solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).
ENTREGA DE BOLETÍNS EN 2º DE BACHARELATO
As cualificacións de 2º de Bacharelato publicaranse no sistema Abalar o mércores 18 de maio ás 22:00 horas.
O xoves 19 de maio no recreo todo o profesorado de Bacharelato estará nos respectivos departamentos para atender revisións de cualificacións e amosar exames ou instrumentos de avaliación.
Entrega de boletíns o xoves 19 ás 11:00 horas nas aulas.
Os días de reclamación oficial (entrega no modelo oficial na secretaría do IES) son o xoves 19 e o venres 20 de Maio (ata as 13:00 horas). É convinte antes de presentar unha posible reclamación acudir previamente ao acto de revisión por se houbera un erro material nas cualificacións.
En caso de reclamación é convinte revisar primeiro a programación didáctica da materia.
MATRÍCULA DA ABAU
O proceso de matrícula nas probas ABAU na convocatoria ordinaria de xuño de 2022 para o alumnado de 2º de Bacharelato que supere o curso na avaliación ordinaria realizarase entre os días 19 ao 23 de Maio.
- O mércores 19 de maio ás 12 horas o alumnado que desexe presentarse ás ABAU debe acudir ao salón de actos para recibir instruccións e informarse de como ten que realizar o proceso de matrícula. Nese momento se lles entregarán os impresos que necesitan: cumprimentación de impresos, abono de taxas e entrega da documentación na Secretaría.
No seguinte documento ofrécese información detallada do proceso para realizar á matrícula: Instrucións matrícula probas ABAU
Quen desexe presentarse aos premios extraordinarios de Bacharelato, ten toda a información aquí
A orde do 25 de xaneiro do 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación, promoción e titulación nas ensinanzas de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e de Bacharelato no sistema educativo de Galicia, introduce unha serie de modificacións na avaliación, promoción e titulación das diferentes etapas educativas que foi preciso recoller nos documentos do centro.
Os aspectos máis destacados da orde son:
- Impleméntanse novos criterios de avaliación, promoción e titulación.
- Desaparece a convocatoria extraordinaria na ESO. O alumnado terá 3 avaliacións e unha avaliación final. Tanto a 3º avaliación como a avaliación final celebrarase no mes de xuño.
- No Bacharelato conservase a proba extraordinaria que se celebrará no mes de xuño.
- No período que vai desde a 3ª avaliación ou a avaliación ordinaria de Bacharelato ata o fin de curso desenvolveranse actividades de recuperación, reforzo e ampliación para todo o alumando (o período lectivo remata o 22 de xuño).
- Permanencias:
- Unha soa vez, e dous como máximo ao longo do ensino obrigatorio (Primaria e Secundaria)
- De xeito excepcional, sempre que se considere favorable, un ano máis en 4º ESO.
-
No caso de Bacharelato, o alumnado ten catro anos para facer os dous cursos.
Os documentos de centro que recollen estas modificacións curriculares son:
Criterios de promoción e titulación do centro (aprobados en claustro 12 de maio de 2022).
Adendas nas programacións didácticas dos distintos departamentos onde se recollen as novidades sobre a avaliación.
Recordamos que o 12 de maio de 2022 (xoves), remata o prazo de presentación das solicitudes das Bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para estudantes que vaian a cursar ensinanzas postobrigatorias (FP, Bacharelato ou Universidade) no vindeiro curso académico 2022/2023.
Toda a información sobre esta convocatoria poderedes encontrala no “Portal de BECAS de EDUCACIÓN”.
O acceso para a presentación online: ACCESO .
Este ano o Ministerio adiantou o proceso a antes de finalizar o curso e incrementou considerablemente a partida dedicada a elas. Non vos esquezades de presentala porque logo xa non será posible facelo
Xa están rematadas as obras de remodelación dos aseos do taller principal de Automoción. Unha actuación moi necesaria debido ao estado moi deficiente no que se atopaba anteriormente.
Cambiouse o alicatado os elementos, as tuberías e sistema eléctrico, ademais se intalaron tamén dous lavamáns de aceiro inoxidable, máis ixiénicos e adecuados ao uso frecuente que van a ter que soportar.
O pasado 21 de abril 435 alumnos e alumnas de 100 centros de toda Galicia preséntaronse á fase de zona da Olimpíada matemática. Deles 40 pasan á seguinte fase, a final galega, que se realizará en Lugo o próximo 26 de maio, e entre eles estará o alumno de 2 º ESO C, Iago Trelles Fernández. No eido das matemáticas seguimos a colleitar éxito tras éxito froito tamén do bo traballo que se está a realizar neste Departamento co alumnado e do traballo previo no CEIP de Seixalvo onde estudou a primaria.
Noraboa Iago, agora a dalo todo na final!!!
O pasado martes 26 de abril, o alumnado de 1º de Bacharelato de Robótica asistiron xunto cos profes de Tecnoloxía á Feira Maker que se celebrou na Cidade da Cultura de Santiago.
Alí tiveron un posto para poder exponer os seus traballos e tempo tamén para coñecer de primeira man as novidades tecnolóxicas.
Unha gran experiencia para todos eles.
Participar nesta feira foi consecuencia do traballo desde hai anos veñen realizando no Departamento de Tecnoloxía o que lle abriu as portas á Universidade Laboral para poder contar coa nosa Aula Maker e en breve a participar no proxecto da Consellería "Polos creativos"
O pasado xoves 21 de abril varios dos nosos alumnos de 2º de ESO participaron na Olimpiada Matemática provincial. Seguro que foi unha moi boa experiencia para eles.
Ademáis como se celebrou no Centro de Formación de Profesores non tiveron nin que saír do recinto da Universidade Laboral!!!
O alumnado de Sustentabilidade e Paisaxe segue facendo crecer a horta. Estes días estiveron a plantar hortalizas nos tres bancais que xa teñen traballados. Unha fantástica actividade que pon en valor o autoconsumo e os cultivos sostibles.
Os alumnos/as de segundo de Bacharelato da optativa de Psicoloxía sacaron os seus traballos ao corredor inferior. Alí tedes unha exposición referida ás árbores que están representadas con materiais e texturas moi orixinais.