O alumnado de 4º ESO que están matriculados na materia de plástica acudiron co seu profesor, Alberto Bahón, á Aula da Natureza en Oira para achegarse ao mundo dos paxaros, unha especie que amosa grande variedade de tipoloxía. A actividade vai ser complementada cuns exercicios que realizará o profesor na aula de plástica. Todos estes recursos son do máis valioso para que a realidade entre nos centros e os Institutos non sexan lugares de portas pechadas.
O venres, día 11, o alumnado de 3º acudiron a unha charla interesante a propuesta de para falar dos riscos de accidentalidade e das lesións medulo-espinares. Consideramos interesante que os nenos e nenas saiban que deben andar con prudencia nas motocicletas e cos amigos que teñen coche. Hoxe en día o índice de accidentalidade é moi alto e moitos mozos quedan con lesións moi graves. Ademais da monitora veu Emilio, un mozo novo que tivo un accidente e quedou lesionado tendo que andar con bastón. Esta experiencia foi impactante.
raballar en equipo fomenta a creatividade e a conxunción de ideas. Supón un enriquecimento persoal. Todo isto vén a conto porque o noso Museo Etnográfico está adornado cun precioso xardín que o grupo do centro Voz Natura ao cargo dos profesores Isabel, Petra e Antonio deseñou e plantou co alumnad
o. Con plantas medicinais, olorosas e flores chamativas aquel recinto adquire un aspecto elegante como se merece o Museo.
|
Neste documento tamén se atopan as datas e horas do exame global que deben realizar os alumnos e alumnas de segundo de bacharelato con perda do dereito a avaliación contínua. Neste último caso recordade que se trata dun exame global de toda a materia, e que será o único elemento que se terá en conta para determinar a cualificación final.
|


Todos aqueles alumnos e alumnas que teñan materias pendentes de cursos anteriores, e que non as houberan superado mediante os exames parciais ou traballos que os diferentes departamentos propuxeron ao longo do curso, terán unha proba final que se celebrará nas datas e horas indicadas no calendario que poderedes consultar premendo o botón "Ler máis".


























